venres, 30 de xaneiro de 2015

CONTACONTOS POLA PAZ

Que ben o pasamos onte coas historias que nos contaron os voluntarios!
Encantóunos xogar con Elmer e os seus amigos, aprendimos a importancia de aceptar as diferencias e co Homiño de Papel aprendimos da importancia de encher as nosas vidas e os nosos corazóns de ideas e sentimentos bonitos.
Agradecemos aos voluntarios e voluntarias o seu traballo e as ganas de facelo ben. Xa estamos preparados para a seguinte ocasión.





Ningún comentario:

Publicar un comentario