venres, 3 de novembro de 2017

Celebrando o Samaín na Falconteca

Durante a última quincena de outubro estivemos moi atarefados na Falconteca: preparando o día das bibliotecas, elexindo os libros das mochilas viaxeiras, formando aos novos voluntarios.....
E xa os temos traballando a pleno rendemento!

Prepararon un taller de vaciado de cabazas e axudaron a todos os seus compañeiros a vaciar e a decorar a súa cabaza, o que tamén nos deu pé para estrear un novo espazo: a nosa ludoteca, onde realizaremos obradoiros, xogos de mesa, traballos en equipos.... e todas aquelas actividades que vaian xurdindo sus ceptibles de ser realizadas neste espazo.

Tamén se adicaron a adornar tanto a ludoteca como a biblioteca, a preparar agasallos para agradecer o traballo dos seus compañeiros e a preparar un photocall onde o alumnado disfrutou dunha xornada terroríficamente divertida de Samaín.

Dende o Equipo da Biblioteca, non podemos máis que agradecer o traballo do profesorado implicado, dos alumnos por participar tan activamente de todo o que lles propoñemos e dos nosos voluntarios da biblioteca, sen os que nada de todo isto sería posible.


Ningún comentario:

Publicar un comentario