venres, 30 de setembro de 2016

Comenzamos unha nova andadura!

Boas falconciños e Falconciñas! 

Como ven sabedes todos, este ano a nosa biblioteca anda un pouco revolta (entre pintar, ordear e darlle o coco para sorprendervos, non damos feito). Estamos preparando moitas actividades e xogos para que aprendades a usar a biblioteca pero tamén para que vexades na nosa biblio un espacio para disfrutar, xogar, aprender, compartir momentos cos compañeiros, pero ademáis para que atopedes nos libros a un amigo co que compartir aventuras, ao que preguntarlle cuando non sabemos, no que aprender cousas novas ou co que botar unhas boas risas unha tarde de choiva. En fin, que vos pedimos un pouquiño de paciencia porque en nada comezamos! 


 Un saúdo Doña Leo

Ningún comentario:

Publicar un comentario