sábado, 7 de novembro de 2015

Novembro, mes da Ciencia nas bibliotecas escolares....

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anímasenos a celebrar, ao longo de novembro, o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

Deixámosvos aquí o manifesto de Ángel Carracedo e o enlace os  recursos recompilados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario