luns, 25 de novembro de 2013

TROCO DE LIBROS

Fai uns días aos alumnos de 6º ocurriuselles unha idea estupenda: Por qué non intercambiamos entre todos os da clase os noso libros favoritos?

Desde logo era unha idea fantástica pero necesitabamos unhas normas básicas para levalo a cabo. Asi que propuxemos as seguintes:


  • É unha actividade voluntaria
  • Sólo poderán participar aqueles nenos e nenas que traian libros; xa que o obxectivo e intercambialos
  • Cada neno e nena responsabilizarase do coidado do libro que lle foi prestado e de devolvelo nas mesmas condicións nas que llo prestaron
  • E desde logo, o máis importante, DISFRUTAR DA LECTURA!

Tamén creamos unhas tarxetas de intercambio onde prestador e prestatario aceptaban as condicións propostas

ANVERSO


·    
Eu, ­­­­­­­­­­­­­­­­_____________________________, levo prestado o libro ________________________________________ , propiedade de      _______________________________, e comprométome a devolvelo nun tempo non superior a __________ e en perfectas condicións.

O prestador                                                           O prestatario

REVERSO 


·       Comprométome a devolver o libro no mesmo estado no que o recibín
·       En caso de ocasionarlle algún desperfecto, comprométome a reparalo
·       En caso de perda comprométome a remplazalo
·       Comprométome a devolver o libro no tempo establecido


 O seguinte paso, foi traer os libros e ......COMEZAR A LER!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario