mércores, 16 de outubro de 2013

Este mes recomendámosvos....

É tempo de lendas, de contos de medo, de pantasmas e de bruxas.........
Si! Xa chega o Samaín e con el as ganas de apreder contos terroríficos cos que asustar os nosos amigos.
Asi que estas son as nosas recomendacións para que pasedes unha estupenda tarde de medo.......


A partires dos 9 anos...


O conde - vampiro. Lino Braxe. Edicións Sotelo Blanco (1995)

O conde - vampiro, que vivía nun castillo medieval nas montañas do Cebreiro, ameazou un día a todos os veciños da aldea prohibíndolles cantar e reir pasadas as doce da noite. polo que ninguén durante anos fixo tal cousa.
Ata que chegaron ao lugar héctor e Ariadna e se foron a entrevistar co conde. Entón souperon a razón de tal ameaza.....





A pantasma do castelo. Mira Lobe. Edicións S.M. (1997)

Unha pequena pantasma vive tan solitaria que decide poñer un anuncio: "Búscase urxentemente habitante de palacio".
O pintor Balduino, a súa princesa e o can Wuff irán vivir alí e, os catro, faranse moi amigos. Pero antes vailles a pasar cada aventura....




A pantasma de Canterville. Oscar Wilde. Edicións Xerais. (2003)

Cando o embaixador americano H. B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle dixeron que estaba enmeigado.
Nembargantes, esto non arredou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os nobles eran unha parte máis do lote que quería mercar....




O talismán dos druidas. Pepe Carballude. Edicións Galaxia. (1989)

O Consello de Anciáns dos Nerios, debaten sobre o seu futuro xa que se están a instalar as costumes romanas entre a súa xente  e séntense indefensos ante un próximo ataque de Roma.
Ante esta situación e a ameaza dun temible monstruo, Kenerez deberá ir ao fin do mundo para recuperar o talismán dos druidas e que o seu pobo recupere a paz.


O can dos Baskerville. A. Conan Doyle. Edicións Xerais. (1989)

Unha nova aventura do máis famoso detective de todos os tempos.
na rexión de Dartmoor, Sherlock Holmes investiga a morte inesperada de sir Charles.
Unha vez máis a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos de  un can.



Mamasiña, que medo!. Chus Pereiro. Edicións Xerais (2002)

Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco que papou ao alcalde, o garda de tráfico, o cura.....
O que non saben e que o xigante Xuvenco, precisa axuda xa que o probiño está doente.
Axudará Celidonia ao xigante?. Esta é unha obra de medo...para morrer de risa

Ningún comentario:

Publicar un comentario