xoves, 7 de xuño de 2018
ENQUISA PARA O PROFESORADO
A continuación, podedes cubrir a enquisa de satisfación coa biblioteca escolar do centro. Moitas grazas pola vosa colaboración.
luns, 28 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Esta ano para celebrar as letras galegas decidimos realizar diferentes actividades:
Kamishibai A festa no faiado from CEIP Ramon Falcon on Vimeo.
ACRÓSTICO MARÍA VICTORIA MORENO from CEIP Ramon Falcon on Vimeo.
Pero ademais todo o centro participou na elaboración das portadas dos libros que consideraban máis representativos da autor:
Infantil 3 anos:
Infantil 4/5 anos:
1º Educación Primaria:
2º Educación Primaria:
3º Primaria:
4º Primaria:
5º Primaria:
6º Primaria:
- Os voluntarios da biblioteca prepararon un Kamishibai sobre o libro de María Victoria Moreno, "A festa no faiado": prepararon os debuxos, o texto, ensaiaron e este é o resultado:
Kamishibai A festa no faiado from CEIP Ramon Falcon on Vimeo.
- Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º decidiron agasallarnos con este acróstico sobre María Victoria:
ACRÓSTICO MARÍA VICTORIA MORENO from CEIP Ramon Falcon on Vimeo.
Pero ademais todo o centro participou na elaboración das portadas dos libros que consideraban máis representativos da autor:
Infantil 3 anos:
Infantil 4/5 anos:
1º Educación Primaria:
2º Educación Primaria:
3º Primaria:
4º Primaria:
5º Primaria:
6º Primaria:
- Pero ademais o alumnado de 5º de Primaria creou a casa do señor Indalecio e da señora Teodosia, cunha fiestra aberta ao faiado onde están Uxía e Gato.
E por último, o noso alumnado tamén fixo unhas creacións pop art moi cuquiñas coa face da autora homenaxeada nestas Letras Galegas.
luns, 26 de marzo de 2018
Semana da Poesía!!
Que ben o pasamos estes días durante a Semana da Poesía!!!
Dende o Equipo da Biblioteca e o Voluntariado de Lectura agradecémosvos a vosa participación e as ganas postas nesta actividade. Esperamos que vos gustase e seguiremos preparando cousiñas para acercarvos ao mundo dos libros.
Deixámosvos unha pequena mostra do realizado ao longo desta semana.
xoves, 22 de marzo de 2018
E as nosas recomendacións lectoras son.....
Boas Falconciños,
Xa non queda nada para as vacacións e de seguro que moitos de vós xa estades a preparar a maleta para saír de viaxe coa familia.
Dende o Equipo da Biblioteca, esperamos que reservásedes un espazo nesa maleta para un par de libros e si se vos presentan dúbidas á hora de escollelos aquí vos deixamos unhas recomendacións.
Desfrutade das vacacións, que en nada estamos de volta!
venres, 16 de marzo de 2018
Semana da Poesía no Ramón Falcón...
Un
ano máis, o Voluntariado de Biblioteca pon en marcha a actividade
“Contrasinais Poéticas” para conmemorar a Semana da Poesía.
Como
a maioría sabedes, é necesario memorizar a contrasinal do día
indicado para poder saír o recreo (tanto da mañá como da tarde).
Os voluntarios estarán esperándovos para preguntarvos na porta das
vosas aulas para preguntarvola.
Ao
final da semana se fuchedes quen de memorizar todas as contrasinais
recibiredes un agasallo.
xoves, 15 de marzo de 2018
Charlas sobre seguridade na rede
Onte recibimos a visita de Ramón, membro da Garda Civil, dentro do Plan Director, que lle explicou ao alumnado de 5º e 6º os perigos da rede.
Máis concretamente falounos dos xogos en rede, comunidades de xogo, contrasinais, qué datos compartir e cómo.
O noso alumnado aproveitou moitísimo esta xornada, onde puideron solventar dúbidas e recoñecer a importancia de comportarse de xeito seguro na rede.
luns, 12 de marzo de 2018
Celebramos o Día da Muller
Esta semana tivemos a sorte de contar coas irmás, nais, avoas e bisavoas do noso alumnado no centro. Non só nos demostraron que son capaces de aprendernos moitas cousas, tamén nos fixeron pasar momentos inesquecibles co gancho, coa música, contando contos, facendo repostería, coas súas historias....
Dende este espazo, queremos mostrarlles o noso agradecemento e cariño, xa que sen elas, a vida non sería o mesmo. Esperamos poder seguir contando con todas vós e coas vosas experiencias e consellos; nós estaremos encantado de volver a recibirvos.
E para que vexades o ben que o pasamos aquí vos deixamos uns exemplos
E para que vexades o ben que o pasamos aquí vos deixamos uns exemplos
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do fíado de lá coa avoa de Samuel e Diego.
Andrea e a súa irmá Sandra amenizaron este día tan especial coa súa música.
A avoa de Emma agasallounos con este marabilloso conto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















