sábado, 20 de xuño de 2020

Recomendacións lectoras para este verán

E hoxe damos por rematado este extraño curso escolar, marcado polo coronavirus e as relacións virtuais e a distancia. E que mellor maneira que facelo, que coas nosas recomendacións lectoras para este verán, desexando que cada libro sexa unha oportunidade  vivir unha vida diferente, de coñecer outras culturas, outras realidades e outras maneiras de pensar.


xoves, 23 de abril de 2020

Book Face para conmemorar o Día do Libro

E chega abril e nós seguimos confinados nas nosas casas, botando de menos aos amigos, ao cole, ás actividades que realizabamos diariamente.

Pero é tempo de ser positivos, de buscar calquer pretexto para sentirnos cerca e saber dun xeito ou outro que estamos ben e que volveremos....

Agradecemos a todas as familias a vosa colaboración enviándonos as vosas iniciativas para a elaboración deste book face.

Esperamos que sexan do voso agrado!

venres, 20 de decembro de 2019

Reiniciando a Falconteca....

Fai seis anos comezaba un sono.... queríamos unha biblioteca que fose o centro de todas as actividades que se levaran a cabo, que promovese a inclusión de metodoloxías activas como o traballo por proxectos e cooperativo, na que o noso alumnado se sentise protagonista e na que toda a comunidade educativa se poidese sentir representada.... Seguimos traballando na procura dese sono, e hoxe demos un pasiño máis....

venres, 4 de outubro de 2019

Día Europeo das Linguas

O pasado 26 de setembro, conmemorouse o Día Europeo das Linguas!!

Todo o noso alumnado traballou acerca da diversidade linguística que caracteriza ao noso centro educativo. O alumnado de Educación infantil, 1º e 2º de Primaria elaboraron debuxos nos que se representaban situacións de comunicación e, por tanto, de diversidade no uso da lingua.

O alumnado a partires de 3º de Primaria, traballou co Manifesto realizado con motivo desta conmemoración para, posteriormente, e diante dos seus compañeiros lelo nos distintos idiomas presentes no centro: galego, castelán, inglés, francés e marroquí.

E aqui está o resultado!



martes, 12 de febreiro de 2019

Xaneiro, mes da Paz

Voltamos das vacacións de Nadal, coa vista posta na conmemoración do día da Paz.

Na Biblioteca, os nosos voluntarios fan unha selección de libros relacionados con esta temática e colócannos na zona de recomendacións para que estean máis accesibles a todo o alumnado. 

A nivel de centro prepáranse diferentes actividades:

  O abecedario da Paz: Repártense as letras do abecedario entre os diferentes cursos e entre os diferentes alumnos. Cada alumno ou parella ten que reflexionar sobre o que lle suxire cada letra relacionada coa paz e facer un debuxo alusivo. Nalgunha aula tamén se atreveron a facer poemas alusivos ou reflexións sobre a palabra escollida. Aquí vos deixamos o resultado:





"Hecho con tus sueños": O profesorado tamén decidiu traballar co seu alumnado diferentes formas de expresión a partires da canción de Maldita Nerea, "Hecho con tus sueños". Así por exemplo, o alumnado de 1º e 6º de Primaria realizaron un vídeo no que interpretan esta canción en lingua de signos. Esta actividade non só significou o acercamento do alumnado ao coñecemento da comunidade xorda e a súa cultura, tamén o traballo colaborativo entre o alumnado de 1º e 6º coa inestimable axuda das súas titoras, María e Alba. E este foi o resultado:



O alumnado de Infantil realizou un baile que preparou xunto coas súas mestras, Queta e Paula:




E por último os alumnos de 2º a 5º de Primaria, sorprendéronnos cantando esta mesma canción:

sábado, 3 de novembro de 2018

Outubro, mes das bibliotecas

Na nosa biblioteca, outubro sempre resulta ser un mes máxico, quizais porque sabemos que aló, ao final, agárdanos o Samaín coas súas cabazas e as súas historias de medo.

Comezamos este mes coa formación dos nosos voluntarios, a planificación das gardas na biblioteca e na ludoteca e coa organización de actividades.

É moi gratificante comprobar o rápido que o noso alumnado se familiariza co uso do Meiga e da CDU.

Nestes primeiros días nos que a biblioteca aínda é un remanso de paz, aproveitamos para aprenderlles a catalogar, a prestar, a etiqetar, forrar, facer os carnés, a ordenar e a ter claras as normas da biblio e da ludoteca.





O día 24, é para nós o pistoletazo de saída,o comezo de tempada e celebrámolo con todos os nosos alumnos: reparto de carnés, de mochilas viaxeiras, por unha banda, e presentación dos voluntarios e do noso proxecto, por outra, son algunhas das actividades a realizar ese día.






O 25, xa comeza a algarabía, as colas por coller ese libro ou esa película coa que levabámos soñando desde que comezara o curso....e como sempre, os nosos voluntarios están á altura e dan o mellor deles.

Estes días, tamén estamos emocionados có inicio do noso proxecto "Toda unha vida....”, proxecto interxeracional no que participamos todo o centro e que tivo como elemento motivador a proxección na biblioteca da película UP.






Tras ver a película, e xa cada grupo na súa aula, realizaron o que sabemos, o queremos saber e como atopamos esa información, reflexando estes datos en diferentes murais.








Para Samaín, estiveron recopilando historias de medo, lendas,tradicións... 





E o día 31 visitarán o noso centro, dúas avoas do Centro de Maiores San Xoán, para contarnos contos de medo e para informarnos de como se celebraban estes días cando eran nenas....
Pero esa.... xa é outra historia.

xoves, 7 de xuño de 2018

ENQUISA PARA O ALUMNADO

Aquí vos deixamos o enlace para que lle poñades nota ao funcionamento da biblioteca durante este curso 2018-2018. Moitas grazas pola vosa colaboración!